jueves, 30 de septiembre de 2010

3º e 4º día en Nova Orleáns



3º día xa. 7 da mañá, xa coma de costume, esperto. Dúchome, e almorzo. Lévanme á escola, e tras unha pequena reunión, saímos para ir esperar o bus que nos levará ao French Quarter. Agardamos, agardamos, e volvemos agardar. Despois dunha longa espera, o bus amarelo aparece. Entramos.


Cando chegamos, un home cunha tuba e o Café du Monde recíbennos. O jazz respírase no ambiente. Escóitase a xente cantar, os músicos tocar, artistas vendendo os seus cadros... Entramos no Café du Monde (unha cafetaría do século XIX, situado no antigo Mercado Francés). Alí, tomamos os típicos beignets(unha especie de chulas moi azucradas) con café.

Despois, dispuxémonos a camiñar pola zona vella. Puidemos camiñar polo mercado, onde atopamos cousas tan estrañas coma cabezas disecadas de crocodilos, bonecos de vudú... Ao, saír do mercado, paseamos polas animadas rúas da cidade, observando os edificios, coas súas fermosas galerías de ferro, parándonos en cada recuncho a escoitar aos músicos tocar...

Desta forma, chegamos a Jackson Square. Alí, parámonos a escoitar a un home cantar, a un trompetista... Tamén puidemos entrar na Catedral de San Luís, do século XVIII, e camiñar pola Bourbon Street. Comemos nun restaurante uns bocadillos de camaróns, moi especiados (Po-boys)

O último que fixemos foi ir ao acuario a ver unha película en 3D sobre os océanos. Despois quedei ata as 7 na escola vendo diferentes competicións deportivas. Cando cheguei a casa cenei un burrito.

Ao día seguinte; o 4º. Chego a escola, e vou a clase de Historia, despois vou a unha charla impartida polo profesor Batterman, na que se nos fai unha introdución sobre a Plantación Laura e o Jean Lafitte National Historical Park and Preserve. Despois teño hora libre, que paso con Xurxo, Carla, Dani e Mariña, Matemáticas e Inglés.

Por último como cos meus compañeiro e métome no bus que nos levará ao Audubon Zoo. Alí, vemos toda clase de monos, gorilas, réptiles (moitas serpes), leóns mariños, falmencos, paxaros exóticos...

Ao volver, uns poucos montamos no tranvía e fomos a tomar snowballs (coma unha especie de granizado). Cando rematamos, fun a casa da host family de David a xogar con videoxogos. Ceamos nun burguer.

1 comentario:

  1. Pois si, o que está ao fondo, detrás do cantante, é Juan; e non se trata de que estea en plan autista, inda que o pareza. En realidade, é unha estampa del bastante habitual, cando se dedica a gravar os sons do contorno (a ver cando podemos oír algo diso!).

    ResponderEliminar