jueves, 30 de septiembre de 2010
Music, fun & food in the French Quarter
Hoxe tocou visita ao French Quarter, un dos barrios máis antigos da cidade. O ambiente é moi animado, cheo de músicos na rúa tocando e incluso vimos uns bailaríns de swing!! Toda a cidade é unha mestura de culturas que lle dan unha persoalidade orixinal, por iso NOLA é diferente a calqueira outra cidade. Despois de tomar uns deliciosos "beignets" (unha especie de bolos fritos) no "Caffé du Monde" paseamos por alí e vimos a catedral de St. Louis, que aos americanos lles parece "antiga", e o mercado. Leváronnos a comer ao "Red Fish", un restaurante onde puidemos probar os pratos tradicionais, por exemplo a Po-Boy, un bocata de gambas picante, riquísimo!! Aqui teño que facer un inciso para dicir que a miña familia levoume onte a cear a un bar de seafood e tomei alligator (caimán) frito!! Foi toda unha experiencia, encantoume.
Despois fomos a un simulador IMAX no acuario e de volta para o instituto.
Estamolo pasando xenial, e coa familia cada vez mellor!!! Acaba de chegar o pai de traballar e trouxome unha gorra dos Saints!!! Son todos moi simpáticos e en fin, todo está a sair moi ben.
Sen dúbida a cidade é única e ten moito que ver, maña será outro día... á conquista de New Orleans!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario