lunes, 27 de septiembre de 2010

Singing in the rain... bye,bye New York!!

Hoxe tivemos cambio de plans grazas a nosa coñecida (e non precisamente "querida") chuvia. O plan inicial era ir a Liberty Statue, pero a auga caia a chuzos e o primeiro que fixemos nada máis sair do hostal foi mercar uns paragüas de 3$ na grocery de enfronte...

Xa equipados para afrontar este clima neworquino tan cambiante, marchamos en metro a Wall Street. Camiñamos ata Battery Park e finalmente decidimos non coller o ferry e ver a estatua ao lonxe, envolta nunha néboa que lle daba un aire un tanto misterioso. As chicas dedicámonos, como non, a cantar under de rain.


Ao final, tocou shopping no outlet 21 Century. Comemos na estación de metro de Grand Central, a típica que aparce nas pelis, é espectacular!! Ten un mercado de flores e comida dentro precioso e despois marchamos camiñando ao Empire State Building. A maioría das persoas subiron ao mirador, pero dixeron que non había visibilidade polo mal día que facía. Xiana, Mariña, Ángela e eu, acompañados por David nalgún momento, fixemos compras varias, as máis destacadas en Victoria´s Secret... unha tarde moi femenina, pobre David!!

Facendo reconto destos días na city, o corpo queda con ganas de máis e hai milleiros de cousas por ver, pero asi xa temos excusa para voltar!! (xa andamos planificando a próxima visita...jeje)

Agora espéranos New Orleans, só agardo que non cheguemos todos cun resfriado...

O ambiente é de expectación e nerviosismo... Cómo serán as familias? Continuará...

1 comentario:

  1. pusiste liberty statue, es statue of liberty o lady liberty, liberty statue está en budapest... :) nos vemos en cama :P

    ResponderEliminar