lunes, 27 de septiembre de 2010
Día 4º
O luns foi o noso derradeiro día en New York. Erguémonos, duchámonos, almorzamos e saímos á rúa. O noso plan era coller un ferry e visitar a Estatua da Liberdade, mais, debido á chuvia, isto non se puido levar a cabo. Así, tivemos que decidir como aproveitar ese día. As ideas eran moitas: visitar o Empire State, ir ao Metropolitan Museum of Art, ir facer compras a Macy's... Finalmente a nosa decisión foi tomar un metro que nos levaría a Wall Street. Dende alí, camiñamos á terminal de ferry, e contemplamos a fermosa Estatua da Liberdade.
Posteriormente, visitamos a Zona Cero e fomos ao outlet Century 21, onde puidemos mercar roupa das principais marcas a prezos moi reducidos. Máis tarde estivemos polos arredores da Biblioteca Pública de Nova York e dirixímonos ao Empire State.
Ao chegar, todas as nosas cabezas miraban cara o ceo, mercamos os tickets e entramos. Despois de pasar uns controis subimos a un simulador e puidemos ver os edificios máis emblemáticos da Gran Mazá. Despois, atravesamos un labirinto e corredores ata chegar ao ascensor que nos levou á cima do edificio . Ao chegar só puidemos ver a brétema que tapaba os cumios dos edificios. De cando en vez o vento facía aparecer claros e nós apresurabamonos para sacar fotos. Desafortunadamente, púxose a chover e tivemos que refuxiarnos no edificio, onde aporveitamos para quitarnos fotos con King Kong.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario