domingo, 26 de septiembre de 2010

I want to wake up in a city that doesn´t sleep...



Xa levamos tres días e ímoslle collendo gustillo a esta cidade que non durme... Lanzados Á conquista da gran mazá xa temos unha colección considerable de peripecias e momentos que quedan para a historia!!!

O sábado estivemos paseando polo Soho e facendo comprillas e pola tarde fumos ao MoMA. A tardiña marchamos a Times Square e as risas estiveron aseguradas coa visita ao M&m´S World, onde hai mil cousas de M&M´s, dende estatuas da liberdade ata tazas e unhas enromes torres de M&M´s!! O seguinte foi retorno a infancia, cando entramos en Toys´r´us, cunha noria dentro!! Mercamos un bicho que se chamaba Timo e semellaba moverse só... o caso e que os dependentes ríanse de nós por mercalo, e é que o bicharraco era un timo de verdade, movíase cun fío... quedamos coma parvas, pero aínda pasamos un bo rato.


Hoxe fomos o American Museum of Natural History. Para min, o mellor foron os minerais e as xemas. Na tenda compreime (para a miña irmá, que conste) o peluche máis freak da historia... unha neurona!!! Despois comemos e paseamos en Central Park, e o mellor do día chegou cando fomos ver o concerto de música gipsy, música xitana (idea de Juan, como non...), Paz púxose a ensinar as súas dotes de bailarina... e ligou cun vellete que tamén "bailaba" en plan xitano... ao final rematamos por unirnos case todas as chicas!!

Pola tarde tocou shopping na 5th Av., foto en Tiffany´s (empeño de Marta) e despois en Abercrombie cos modelos máis guapos do mundo mundial!!! Xa nos vedes a Mariña, Xiana, Ángela e eu sorrindo coma parvas (case nos caia a baba) agarradas a un cachas de primeira categoría... en fin, que esta cidade non ten desperdicio ningún.

Para volver ao hostal, tocou pateo nocturno, máis de 30 rúas. Xuro por dios que non sinto os pés!! Iso si, merece a pena... porque this is New York!!

3 comentarios:

  1. Para min ese peluche,que conste!
    Alégrome de que vos gustase o M&M's world ,que a min me maravillou tanto cando o vin.
    Vichedes no museo as pedras que brillaban na escuridade?Pura maxia!

    Minia M.V

    ResponderEliminar
  2. por fin, grazas a Minia, conseguimos comentar!!!
    Quería dicir que a ver onde anda a foto do cachas de Abercrombie, aínda que David para compensar non está mal. E a de Paz bailando...e algunha de Juan Gil, que por aquí tamén ten as súas fans.
    Loli V.

    ResponderEliminar
  3. Encántame que o estedes pasando tan ben.
    Qué tal o albergue? Deixades durmir ós profes.
    Interesaría un breve comentario sobre ambos temas.
    Suso F.

    ResponderEliminar