domingo, 3 de octubre de 2010
Fin de semana á americana
O sábado espertei ás 10, tomei o almorzo e dirixinme ao French Quarter. Reuninme no Café du Monde con algúns dos meus compañeiros e os seus host students, e tomamos beignets e café. Posteriormente, dimos unha volta pola cidade e paramos nalgunhas tendas para mercar algún souvenir. Comemos nun mexicano: Felipe's.
Despois de comer, paramos nunha pastelería e nunha tenda onde algúns mercaron a camiseta dos Saints. Cheguei a casa ás 3. Alí, cambieime e as 6 menos 10 saín de casa para ir á festa de benvida. Montei no coche. Creo que estivemos a dar voltas pola cidade coma unha hora. Perderámonos. Logo de facer unhas cantas chamadas, chegamos. Alí recibiunos a familia. Había música, pizza, piscina... Comín e bebín algo, charlei cos meus compañeiros, quitamos unhas cantas fotos, e marchamos a casa.
Ao día seguinte, erguinme tarde, ás 11. Non puiden nin almorzar xa que chegabamos tarde ao partido dos Saints. Entrei no coche, aparcamos, e camiñamos un bo pedazo ata chegar ao Superdome. Pasamos uns controis e entramos. Perderamos uns minutos do primeiro cuarto. Os Saints xogaban contra os Carolina Panthers. Gañaron os Saints; 16-14.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario