domingo, 3 de octubre de 2010

Who dat!



Tras pasar todos estos días preguntándome que demos quería dicir iso de "who dat", aqui en NO está por todas partes, camisetas, bandeiras... Por fin o descubrín!! "Who dat" é o canto dos Saints, o equipo de fútbol amerciano de NOLA que gañou a Superbowl o ano pasado. Aqui son coma unha especie de heroes... O canto completo é así: "Who dat sayin dey gonna beat dem Saints?"

E vos preguntaredes por que decido eu falar de football agora... pois porque hoxe é domingo e hai partido dos Saints. O pai da miña rapaza regaloume unha gorra, que di que teño que levar posta, outros recibiron camisetas... e estamos todos listos para a experiencia!!! Uns cantos ímonos xuntar nunha casa para velo e outros teñen a sorte de que os levan o estadio.


A que nos dedicamos por aqui estos últimos días?? Pois sobre todo a pasalo ben e enchouparnos da cultura amerciana, ademais de coñecer por fin a fondo esta cidade tan especial. Fomos o zoo, déronnos unha charla sobre a cidade e algúns sitios que imos visitar a semana que vén e as familias dedicáronse a pasearnos por ahí. O venres pola tarde fomos unhas cantas rapazas a tomar snowballs, uns granizados que teñen de milleiros de cores. Dende logo a miña familia é increible, a noite do venres leváronme ao French Quarter para que vise o ambientillo de clubs... e fun o Preservation Hall, un dos locais de jazz máis antigos da cidade!!

O sábado pola mañá fixemos pancakes para almorzar e fun a votar co pai. Díxome que entrara con el na cabina e incluso que lle dera eu os botóns!! (aqui o voto é electrónico). Como podedes supoñer, a min fíxome moitísima ilusión porque encántame a política amerciana e iso de votar en USA... só unha vez na vida!!

Depois fun a comer oysters, un dos clásicos de aqui. Estaban deliciosas, estánnos literalmente cebando!! Ademais, o pai regaloume tres discos de jazz!!

Pola tarde tomamos un frozen yogurt en "Pinkberries" e marchamos algunhas chicas de compras polas boutiques de Magazine Street, a rúa de shopping. Pola noite, party en casa dunha das rapazas... xa case somos americanos auténticos.

Máis e mellor a próxima semana... (e xa marchamos, noooo!!!).

2 comentarios:

  1. Quedamos intrigados por saber que se votaba hoxe en Lousiana. Non pregunto por quen votaba o pai de Lynne, que o voto é secreto, pero podo imaxinalo, dado o teu entusiasmo en pulsar o botón...

    LVF

    ResponderEliminar
  2. Cando lean esto algún dos teus compañeiros (futboleros) do curso non o van creer.¡Einés na tertulia de fútbol!

    ResponderEliminar